O sorriso de Lilí / Homenaxe a Araceli Herrero Figueroa / Colectivo Egeria
Recordos de Lilí
A miña relación con Lilí non foi moi intensa debido a que Lilí non era do meu curso, quen era do meu curso era a sua irmá Macali.
Con todo, tiña tamén boa relación co seu marido Humberto Vázquez, xa que traballábamos os dous na mesma empresa (Cementos Noroeste S.A.).
Recordo a Lilí facendo un papel na obra de teatro “Círculo de Tiza”.
Tamén Lilí bailaba danzas galegas cando eu formaba parte do grupo de gaiteiros do Colexio Fingoi nesas datas.
Penso que coincidimos nunha excursión do Colexio Fingoi, o digo porque estamos os dous nunha foto de esas excursións que se facían en Fingoi.
As súas inquedanzas literarias xa comenzaron en Fingoi como alumna de Carballo Calero.
Tamén como cousa anecdótica, creo que foi madriña do equipo de baloncesto “Liber de Fingoi” na época en que eu xogaba en dito equipo.
Algo quedará no tinteiro xa que xa pasaron moitos anos.