O sorriso de Lilí / Homenaxe a Araceli Herrero Figueroa / Colectivo Egeria
Araceli era así
Gustáronme sempre as persoas positivas, optimistas, con forza e que encaran a vida cara adiante, e Araceli era así. Coñecíaa de Lugo de sempre, porque eramos máis ou menos da mesma quinta, pero non a trataba moito, ata que estiven no Concello, xa que se interesou sempre pola marcha da cidade, e sempre tiña palabras amables para o traballo que se facía, por e para Lugo.
Despois trateina máis na asociación Lugo Patrimonio, onde acudía ás conferencias sempre que podía, e interviña activamente. Tiña unha gran capacidade intelectual, pero nunca presumía dela. Non lle interesaba figurar. As súas ganas de vivir eran contaxiosas. Falei con ela varias veces antes da súa operación, que afrontaba con optimismo e desexando sempre molestar o menos posible. E chegou esta maldita pandemia e levouna.
Botámoste de menos.