O sorriso de Lilí / Homenaxe a Araceli Herrero Figueroa / Colectivo Egeria
Araceli
De Araceli podo contar moitas cousas: recordo a súa cara, cunha pel que parecía porcelana, sonrosada, moreniña, sempre co seu sorriso, cariñosa... Era unha nena encantadora.
Como alumna, moi traballadora, perfeccionista, quería saber a razón de todo. Estudosa, non deixaba un traballo sen acabar.
Araceli, segunda pola esquerda. Marina Cal, segunda pola dereita
Era unha admiradora de don Ricardo, e el dela; pedíalle que fixese estrofas de versos alexandrinos, ou romances, liras, etc., e Araceli loitaba ata que lle saía o que ela quería, e don Ricardo encomiáballe moito o seu entusiasmo.
Gustáballe moito a Historia da lingua, e collía apuntamentos de tódalas palabras que ían saíndo. Como eu lle ensinaba latín, encantáballe ver tódolos cambios fonéticos ata chegar ao castelán.
Recordo dela moitas anécdotas que non penso que interesen, pero que a min véñenme agora á cabeza, como se as vivise hai dous días.
Manolo Rico, Antonio López-Acuña, Mª Carmen de la Fuente, Dina Bohorque, Macali, Mª Carmen Canto, Lilí e (agachada) Marina