Homenaxe a Araceli Herrero Figueroa
O sorriso
de Lilí
Cando hai un ano que Araceli, fisicamente, nos deixou, un grupo de incondicionais seus quixemos plasmar nesta web e no libro "O sorriso de Lilí" as impresións máis inmediatas, case repentinas, que o seu pasamento nos fixo expresar.
E do mesmo xeito que moitas outras persoas se terían incorporado a esta iniciativa se tivesen oportunidade de facelo, quixemos que aquí aparecesen -todas e todos- familiares, amigos, compañeiros, profesores ou alumnos, igualitariamente, por orde alfabética, sen máis identificación ca a de ter vinculación anímica directa con esta muller especial, toda sorriso e agarimo, toda ciencia e intelixencia, que deixou en nós unha pegada inesquecible.